Equipo

PERICO BALADO

Director, produtor e guionista. O seu criterio manda no set e no produto final. Alma do proxecto e puro carácter latino que é fonte de discusións, a cada cal máis estúpida.

DUARTE GALBÁN

Xefe de produción e guionista. Quen manexa o cotarro, quen está enriba do lombo de todos, quen lle chora a quen haxa que chorarlle. Pura comedia sofisticada nas rodaxes.

ROMÁN CASTAÑO

Produtor, guionista e Pallaso. Interpreta un personaxe á súa imaxe e semellanza (polo de dar o cante, eh, non polo de pallaso necesariamente), pero tamén traballa arreo detrás das cámaras. Principal Némesis do director.

ALEXANDRE PITA

Produtor e guionista. Traballador eficiente e eficaz que non anda con díxome-díxomes. Espírito de equipo: sempre aporta compromiso e bo facer. Nin que botara un ano de Erasmus en Alemaña.

DENIS GARCÍA

Produtor, guionista e cámara ocasional. Os momentos críticos son o seu hábitat natural: a súa habilidade para conseguir cousas cando o tempo máis apreta aforrounos varios desgustos e baixóns. Ese tupé para sempre nos nosos corazóns.

XAN RAÑA ‘Chuquinho’

Produtor, guionista e pertiguista habitual. Que o seu look de membro do Estado Islámico non vos deixe enganar. Bondade e paciencia caracterizan ao noso Chucks, un auténtico todoterreo que sempre está onde fai falla.

XULIÁN SAMBADE

Gafas. Amenizador do set e axitador dos días de rodaxe, pois nunca sabes que estará facendo da súa vida nin como chegará. Deléitanos a miúdo coa súa mestría á guitarra: de Ráfaga a Nirvana, de narcocorridos a Pereza.

ANDRÉS GALLEGO ‘Andy’

Cámara, montador. Recolle a imaxe coa axilidade coa que se move unha gacela e axusta o enfoque do obxectivo como quen desenfunda o revólver nun duelo con Clint Eastwood. Se espabila a tempo, claro.

EVA VEIRAS

Maquilladora. O que ten que aguantar… Laura? Sonia? Lucía? Ademais do pesadelo que supón ter que amañarlle a cara a Román cada vez que hai que gravar. Está feita unha santa.

BANDA SONORA ORIXINAL: ANTÓN ALCALDE

ANIMACIÓN CABECEIRA: PABLO SALGUEIRO

DEBUXANTE GRÁFICO: OLI FERRANDO

DESEÑO DEBUXOS: IRENE EIRÍN

DESEÑO LOGO: GOAT GALIZA

POSTPRODUCIÓN DE IMAXE: ANXO SANDÁ

ETALONAXE: ALFREDO PÉREZ

EDICIÓN DE SON: DIEGO PRADO